xoves, 14 de marzo de 2013

PARA SER PROFESOR OU PROFESORA HOXE...

Ocórreseme que poderiamos "cociñarnos" a nós mesmos. Velaquí a receita para ser mestre ou mestra hoxe. 

INGREDIENTES:

1 chisco de saber informático
1 chisco de saber xurista
1 chisco de saber médico
1 chisco de saber teatral
1 chisco de saber de papás e mamás
Froita confeitada de decoración de interiores
Sacos e sacos de fideos decorativos de paciencia
Azucre de bo humor
Cobertura de cariño
Fonte: Forges
Fonte: Forges

PREPARACIÓN E PRESENTACIÓN:

Mesturar seguindo a orde escrita a calquera hora do día. Cociñar a lume baixo durante todas as horas diarias que precisemos. 
Servir durante cinco horas con fideos de paciencia, cobertura de cariño e salpicado de azucre de bo humor. A temperatura á hora de servilo dependerá do destino de traballo e dos recursos económicos para investir en calefacción e illamento térmico.

Segundo o noso gusto, podemos engadirlle algo de creatividade, de improvisación e de vocación; o resultado será EXQUISITO!


Si no estás dispuesto a equivocarte, nunca llegarás a nada original.    
Ken Robinson

Fontes
Ensinar a ser persoa
http://apoclam.org/cdprimaria/doc/general/ensenar_a_ser_persona.pdf

Programa Redes: un sistema educativo anacrónico
http://www.rtve.es/television/20110304/redes-sistema-educativo-anacronico/413516.shtml

Ningún comentario:

Publicar un comentario