martes, 10 de decembro de 2013



Estes días decidín darlle un novo uso a Symbaloo, así que creei unhas pestanas cos "links" que empregan os nenos e nenas nos tempos que adicamos ao ordenador. Eles e elas están encantados e encantadas e eu moito mellor organizada. Así sabemos onde está o que lle gusta a cada quen e o que precisa traballar.

Animádevos a probar!!!

venres, 18 de outubro de 2013

EXCELENTE TRABALLO!

Un grupo de estudiantes de 2º de Educación Infantil da Universidade de Córdoba ofrécennos un recurso para traballar coa serie infantil Dino Tren




luns, 3 de xuño de 2013

Incrible descubremento para a miña labor docente e de incorporación das TICs ao meu traballo cos cativos e cativas. Seguramente para moitos de vós xa é coñecido e empregado como páxina de inicio de escritorio porque, a verdade, as posibilidades que ofrece son moi variadas. No meu caso a páxina de inicio que emprego é a seguinte, só polo feito de cada vez que me conecto a rede estou xerando céntimos que se acaban convertindo en euros.

mércores, 24 de abril de 2013

Aprender a aprender como fin último


Make your own mind maps with Mindomo.

martes, 9 de abril de 2013

Tempo de ler


Temos tanto que ler que en ocasións dubido que teñamos o tempo suficiente para facelo, e o noso alumnado, sentirá o mesmo?

sábado, 23 de marzo de 2013

Incríble, o meu blogue, antes de cumplir o seu primeiro mes, recibiu máis de 100 visitas.
Pois para celebralo, vou dedicar a tod@s algo que espertou o meu interese nestes días.

mércores, 20 de marzo de 2013

Páxina interesante sobre o coidado da voz


Esta mañá navegando pola rede, buscando imaxes sobre as cordas vogais, e información sobre a disfonía infantil, atopei esta páxina web que facilita información sobre o coidado e uso da voz. 

martes, 19 de marzo de 2013

COMUNICANDO OU NON

Fonte: O xornal de nada contar












A miña labor no xornal sería encher as columnas nas que nunca se di nada por moito que se escriba. E sobre ese tema se centra a nova elaborada para esta tarefa.












Saudando a Leti by braisgdr on GoAnimate

Video Maker - Powered by GoAnimate.

xoves, 14 de marzo de 2013

PARA SER PROFESOR OU PROFESORA HOXE...

Ocórreseme que poderiamos "cociñarnos" a nós mesmos. Velaquí a receita para ser mestre ou mestra hoxe. 

INGREDIENTES:

1 chisco de saber informático
1 chisco de saber xurista
1 chisco de saber médico
1 chisco de saber teatral
1 chisco de saber de papás e mamás
Froita confeitada de decoración de interiores
Sacos e sacos de fideos decorativos de paciencia
Azucre de bo humor
Cobertura de cariño
Fonte: Forges
Fonte: Forges

PREPARACIÓN E PRESENTACIÓN:

Mesturar seguindo a orde escrita a calquera hora do día. Cociñar a lume baixo durante todas as horas diarias que precisemos. 
Servir durante cinco horas con fideos de paciencia, cobertura de cariño e salpicado de azucre de bo humor. A temperatura á hora de servilo dependerá do destino de traballo e dos recursos económicos para investir en calefacción e illamento térmico.

Segundo o noso gusto, podemos engadirlle algo de creatividade, de improvisación e de vocación; o resultado será EXQUISITO!


Si no estás dispuesto a equivocarte, nunca llegarás a nada original.    
Ken Robinson

Fontes
Ensinar a ser persoa
http://apoclam.org/cdprimaria/doc/general/ensenar_a_ser_persona.pdf

Programa Redes: un sistema educativo anacrónico
http://www.rtve.es/television/20110304/redes-sistema-educativo-anacronico/413516.shtml

xoves, 7 de marzo de 2013

Reflexión

Escoitar e falar é divertido en galego, en castelán, en inglés, en italiano, en francés ... pero tamén en lingua de signos, en sorrisos e bágoas, en balbuceos, en debuxos, en pictogramas....
Todos os idiomas nos levan á comunicación. Só temos que encontrarlle a cada un o seu lugar.